Perde dous positivos nas últimas 24 horas
CORONAVIRUS VERÍN | Verín descende ata os sete casos
23 de septiembre de 2021 (13:44 h.)
Nova baixada de casos no Concello de Verín que arestora continúa a ser o único municipio da comarca con casos activos. Segundo os datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, nas últimas 24 horas perdeu dous positivos polo que descende ata os sete trala estabilidade do día de onte.