Xoves. 28.03.2024
CribaBus en Ferrol. | FOTO: Kiko Delgado.
CribaBus en Ferrol. | FOTO: Kiko Delgado.

O pasado sábado, a Xunta habilitaba, en modo piloto, puntos móbiles para realización de tests de antíxenos nas sete Áreas Sanitarias e nas principais cidades galegas. Á vista do éxito da iniciativa (3.450 tests e 68 positivos detectados) e seguindo a estratexia de incentivar a realización de probas, o modelo consolídase e estendese a máis servizos, para dar resposta ás necesidades detectadas.

A vindeira semana, a Xunta habilitará, nos 14 distritos sanitarios, puntos para realizar test de antíxenos e para resolver necesidades administrativas relacionadas coa Covid - 19, como impresión de certificados de proba diagnóstica negativa, de vacinación ou ter superado a enfermidade; activación da "chave 365", ou tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fóra de Galicia.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, esta iniciativa ampliase desde este sábado, día 31 de xullo, ao distrito sanitario de Verín, cun punto para acceder á realización dun test ou resolver estas necesidades documentais relacionadas coa Covid, en horario de mañá, de 12 a 14:00 horas e de tarde, de 16 a 20:00 nos seguintes puntos.

Será una unidade móbil, xa denominada CribaBus, que estará estacionado na Praza García Barbón da vila

Para axilizar os trámites administrativos e de rexistro, abrirase este xoves un formulario de inscrición no apartado de cribados, no que se poderá elixir a quenda do horario.

O punto de Verín estará aberto co anterior horario todos os sábados do mes de agosto e contarán cun equipo de persoal formado por dúas enfermeiras, unha TCAE e dúas administrativas.

CORONAVIRUS VERÍN | O "CribaBus" chega este sábado á vila e estará todos os do mes de...