Xoves. 28.03.2024
Dous mozos recibían a segunda dose de Pfizer esta mañá no hospital de Verín. | FOTO: M. D.
Dous mozos recibían a segunda dose de Pfizer esta mañá no hospital de Verín. | FOTO: M. D.

Por segundo día consecutivo, o concello de Verín experimenta unha subida no total dos seus casos activos. Segundo os datos oficiais proporcionados hoxe polo Servizo Galego de Saúde, rexístranse dous casos máis que no día de onte, subindo ata os 52 contaxiados. Tamén aumentan en Cualedro, que sobe outros dous casos nas últimas 24 horas.

Pola contra, Monterrei, Oímbra e Vilardevós perden un caso cada un, establecéndose en 27, 1 e 7 positivos respectivamente. No resto de municipios non houbo modificacións e o mapa do coronavirus na comarca queda así:

  • Verín: 52 casos (+2)
  • Monterrei: 27 (-1)
  • Vilardevós: 7 (-1)
  • Riós: 7
  • Cualedro: 5 (+2)
  • Laza: 4 
  • Castrelo do Val: 3
  • Oímbra: 1 (-1)

CORONAVIRUS VERÍN | Continúa a subida de casos activos en Verín