jueves. 25.04.2024
Verín-cribado
Cribado na lonxa agropecuaria de Verín.

Os contaxios por coronavirus na comarca continúan en aumento. Segundo acaba de saber Diario do Támega, no día de hoxe rexístranse dous novos positivos. Trátase dun mozo de 24 anos de Verín e doutro de 29 pertencente ao concello de Monterrei

Pola súa banda, segue a preocupar o gromo de tres positivos nunha unidade familiar de Riós, xa que o menor deles, un neno de 13 anos, viaxou días atrás nun autobús acompañado por arredor doutras corenta persoas de camiño a unha excursión a Ourense. 

Trece casos na comarca

Os dous novos casos positivos rexistrados no día de hoxe xa figuran nos datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde. Tamén os tres pertencentes ao gromo rexistrado no día de onte en Riós, polo que a situación é a seguinte:

  • Verín:  5 casos
  • Castrelo do Val4 casos
  • Riós:  3 casos
  • Monterrei: 1 caso
  • Cualedro, Laza, Oímbra e Vilardevós: 0 casos

CORONAVIRUS VERÍN | Confirmados dous novos positivos en Verín e Monterrei