venres 14/05/21
Teñen, este venres, 20 e 17 casos activos, respectivamente

CORONAVIRUS VERÍN | O comité clínico mantén a Cualedro pechado e aumenta as restricións en Verín

Cualedro-Covid-cribado poblacional
Cribado masivo deste pasado luns en Cualedro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa.

Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Trabada, Barreiros, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.

Verín volve ao 30 por cento no interior de bares

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, e Vigo.

No nivel medio, as cafeterías non poderán superar o 30 por cento de aforo no seu interior e as terrazas deberán estar ao 50 por cento da súa capacidade

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 26 de abril.

Así está a comarca de Monterrei

O concello de Cualedro chegou este venres aos 20 casos activos e Verín sobe dous máis e xa está nos 17. Dende o luns o seu crecimento está sendo preocupante para as autoridades sanitarias. 

Vilardevós segue cos seus tres, e Monterrei e Castrelo do Val mantéñense cun caso activo. Laza, Riós e Oímbra, a cero
 

CORONAVIRUS VERÍN | O comité clínico mantén a Cualedro pechado e aumenta as restricións...
comentarios