Verín segue a ser o municipio con máis contaxiados, con 11
CORONAVIRUS VERÍN | Castrelo do Val perde un caso pero a comarca continúa por riba da vintena de positivos
15 de julio de 2021 (14:52 h.)
Despois de varios días á alza, hoxe rexístrase unha pequena tendencia á baixa dos casos de coronavirus na comarca. Deuse no concello de Castrelo do Val, que pasa de 6 a 5 contaxiados. Non obstante, segundo os datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, na comarca de Monterrei rexístranse 22 casos activos.
Aquí, os números do resto de municipios:
- Verín: 11
- Riós e Monterrei: 3
- Cualedro, Laza, Oímbra e Vilardevós: 0