domingo 29/11/20
A cita servirá tamén para a presentación en sociedade da sección local de Enfermeiras Eventuais En Loita

Convocada unha concentración diante do hospital de Verín contra a precariedade do persoal contratado polo Sergas

A Comisión Delegada do Hospital de Verín convoca á cidadanía a participar na concentración deste xoves ás 12:00 horas diante das portas do centro hospitalario. O motivo, a precariedade na contratación laboral da meirande parte dos profesionais que prestan servizo no Distrito Sanitario de Verín.
A cita servirá tamén para a presentación en sociedade dos integrantes da sección local do colectivo Enfermeras Eventuais En Loita

Na concentración deste xoves estará presente o colectivo comarcal de Enfemeiras Eventuais En Loita.
Na concentración deste xoves estará presente o colectivo comarcal de Enfemeiras Eventuais En Loita.
Ás doce do mediodía, a veciñanza que así o decida, está convocada a participar na concentración diante das portas do Hospital de Verín, para reivindicar un trato moito máis xusto por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao seu persoal contratado. 
A cita, aínda que está organizada pola Comisión Delegada do centro hospitalario, servirá tamén para a presentación pública dos integrantes da sección comarcal do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, un dos máis maltratados pola política de xestión de recursos humanos do ente responsable da sanidade pública galega

Convocada unha concentración diante do hospital de Verín contra a precariedade do...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade