domingo 09/08/20

Controlados os incendios en Infesta e Verín

As lapas afectaron en total, a 103 hectáres aproximadamente : arredor de 100 hectáreas no foco de Verín e entre 2 e 3 hectáreas no foco de Infesta.

Un helicóptero descarga auga tentando sofocar as lapas no viaducto de Santa Marta, entre Verín e Vilardevós. FOTO | Noelia Caseiro.
Un helicóptero descarga auga tentando sofocar as lapas no viaducto de Santa Marta, entre Verín e Vilardevós. FOTO | Noelia Caseiro.

Ao longo da tarde deste mércores, 22 de xullo, coñecíase a existencia de dous focos: un deles activo dende as 15:41 deste mediodía preto de Verín e outro que se iniciou arredou das 17:05 na zona de Infesta (Monterrei).

O lume, segundo os datos que barallan os investigadores, iniciouse na N-525 ao seu paso por Queirugás, moi preto do que era o antigo vertedoiro do municipio de Verín e propagouse, en dirección Sur, pasando polo Viaducto de Santa Marta da A-52, entrando xa no concello de Vilardevós.

Os medios mobilizados, ata o de agora 4 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 9 avións, trataron de conter as lapas que xa queimaron máis de 100 hectáreas. Cinco desas brigadas por terra axudaron a impedir o avance do incendio cara a zona de Bemposta e Osoño, xa no municipio de Vilardevós, que podería ter afectado ás vivendas. Unha granxa privada viuse seriamente ameazada; as lapas estiveron preto de alcanzala e os danos poderían ter sido de consideración de verse afectado un tanque de gas anexo á mesma.
FOTO | Noelia CaseiroUnha granxa cun tanque de gas no seu perímetro tivo as lapas cerca. | FOTO: Noelia Caseiro. 

No caso de Infesta (Monterrei), as lapas alcanzaron unicamente a zona arborada e segundo informacións de Medio Rural, sábese que o lume foi controlado grazas á actuación de 2 axentes, 1 brigada, 5 avións e 1 helicóptero. Os medios utilizados para sofocar as lapas xa estaban actuando en Verín cando coñeceron a noticia dun segundo foco en Infesta. 

A pesar das diversas complicacións, os dous incendios foron controlados. O lume non está extinto e non se pode afirmar que non vaia afectar a máis zonas durante esta ou as próximas xornadas; sen embargo, os medios mobilizados poden concluir as súas labores, como de costume, coa baixada do sol, pero coa tranquilidade de que os focos xa non representan grave perigo de reproducírense.  

Controlados os incendios en Infesta e Verín
comentarios