Xoves. 28.03.2024
O Maragato, ardendo nunha imaxe de arquivo, na Praza da Mercé. (FOTO: CARLOS MONTERO)
O Maragato, ardendo nunha imaxe de arquivo, na Praza da Mercé. (FOTO: CARLOS MONTERO)

Todo preparado. As boas temperaturas fan agardar una exquisita noite de troula, aparentemente só reservada aos homes, aínda que de seguro algunha adiantada muller se deixará ver polas rúas da vila. Pouco despois das 23,30 horas da noite, arranca de xeito real o Entroido de Verín co xoves de Compadres.

Unha vez que rematen as ceas polos diferentes locais da vila, os Compadres están chamados a desfilar polas rúas Montemaior, dende onde sairán; Praza Maior, rúa da Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, rúa Lisa e Praza Maior.

Nesa ubicación faranse notar, ademais de polo estrépito dos petardos, pola vista rápida e posterior sentenza, coa queima, do Maragato, que antes percorrería as mencionadas rúas acompañado dos Compadres e das músicas da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

A discoteca móbil Jorge amenizará o que lle poida quedar á noite na Praza Maior.

Os homes, reis e xuíces neste xoves no que arranca de xeito real o Entroido de Verín