Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro

O Concello de Verín pon en marcha a ludoteca de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Ludonadal no Concello de Verín.

O Concello de Verín, a través da área de Servizos Sociais, abrirá o vindeiro xoves 11 de decembro o prazo de inscrición para unha nova edición de "Ludonadal", a ludoteca de Nadal destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Este servizo municipal, activo en Verín desde 2008, consolidouse como unha ferramenta esencial de apoio ás familias durante as vacacións escolares, facilitando a conciliación laboral e persoal.

A actividade desenvolverase entre o 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, en horario de 8:00 a 14:30 horas de luns a venres, nas instalacións do Pavillón de Deportes e do CEIP Módulos Amaro Refojo.

O programa contará con 100 prazas, que se asignarán por rigoroso orde de inscrición. A praza será definitiva unha vez iniciado o servizo e só poderá ser ocupada por outro participante en lista de espera en caso de baixa xustificada.

Para formalizar a inscrición será necesario presentar os datos completos do menor e do seu titor/a legal, xunto co xustificante de pago e o documento de autorización e consentimentos informados, dispoñible na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). As familias poden obter información ou inscribirse na conserxería da Casa da Xuventude ou chamando ao 988 414 776.

As tarifas para Ludonadal 2025/2026 son: xornada completa (8:00 a 14:30 h) 100 €, xornada parcial 90 € e día solto 15€. O pagamento debe realizarse de forma anticipada na conta municipal indicada no formulario. Non se permitirá iniciar o servizo sen acreditar o abono correspondente. As devolucións só se admitirán por causas extraordinarias debidamente xustificadas ou se o Concello se ve obrigado a suspender o servizo.

Ludonadal no Concello de Verín.