luns 26/10/20
Nas próximas horas coñecerase o contido exacto da regulación das axudas aos hostaleiros

O Concello de Verín anticipará, inmediatamente, 300 euros a cada bar verinense pechado

Será un primeiro anticipo inmediato de 300 euros que os titulares dos establecementos hostaleiros pechados percibirán cunha sinxela documentación para sufragar o primeiro impacto económico da clausura voluntaria anunciada polo sector. Así o vén de anunciar o alcalde da vila, Gerardo Seoane. 

Esta imaxe -de onte- xa non é hoxe posible na totalidade dos bares de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Esta imaxe -de onte- xa non é hoxe posible na totalidade dos bares de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, vén de anunciar que o Concello de Verín ingresará de xeito inmediato un anticipo de 300 euros a cada un dos bares da vila e municipio que iniciaron esta mañá o peche voluntario, logo de que presenten unha documentación sinxela e inicial na que se lle solicitará, entre outros documentos, a relación do nome e apelidos dos seus traballadores para sometelos ao cribado ofrecido pola Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, certificado de conta corrente do titular do establecemento e unha declaración responsable de que se compromete o propietario a manter pechado o seu local ata o vindeiro 22 de outubro de 2020. 

Gerardo Seoane asegurou que "o pago será inmediato e como anticipo. Nos vindeiros días deberán de presentar o resto da documentación que o departamento de Intervención do Concello estime para facer unha avaliación dos gastos nos que incurrirán co peche e nós poder correr con eles. Quero que teñan claro que ninguén quedará tirado", afirmou o rexedor verinense. 

O Concello de Verín anticipará, inmediatamente, 300 euros a cada bar verinense pechado
comentarios