xoves 22.08.2019
A institución municipal recibíu na Casa da Cultura a unha nutrida representación de axentes e mandos do instituto armado

O Concello de Verín honra aos 175 anos de compromiso da Guardia Civil coa cidadanía

Concello de Verín e Guardia Civil participaron hoxe, representados polo seu alcalde e altos mandos da institución, respectivamente, nunha homenaxe en recoñecemento aos 175 anos da vida do corpo armado, constituído tal día como o 13 de maio de 1844 polo Duque de Ahumada.

Os axentes que participaron no acto conmemorativo, co rexedor Gerardo Seoane, este martes na Casa da Cultura.
Os axentes que participaron no acto conmemorativo, co rexedor Gerardo Seoane, este martes na Casa da Cultura.

O Concello de Verín, representado polo seu rexedor Gerardo Seoane, non quixo desbotar a posibilidade de recoñecer de xeito público a adicación de todos os axentes que conforman o destacamento da Guardia Civil de Verín aproveitando que no día de onte se cumpriron os 175 anos da creación do corpo de seguridade armado por orde de Isabel II. Aínda que foi o 28 de marzo de 1844 dese ano cando se produce o fito histórico da creación oficial da institución e se lle encarga ao mariscal de campo D. Francisco Javier Girón y Ezpeleta, o segundo Duque de Ahumada, a organización desa forza armada, non sería ata o 13 de maio dese mesmo ano cando, logo precisamente dun informe determinante redactado polo propio Duque de Ahumada, acaba por derogarse o decreto do mes de marzo, que aínda non entrara en vigor, e ve a luz o verdadeiro decreto fundacional da Guardia Civil, presentado polo entón presidente do Goberno e Ministro da Guerra, Ramón María Narváez.

guardia3Durante o acto, proxectouse un vídeo no que se comprobou cómo evolucionou o instituto armado (FOTO: Carlos Montero).

Foi un ano despois cando o mesmo Duque de Ahumada, presenta oficialmente, o 20 de decembro de 1845, o documento que se erixe no auténtico código moral da institución armada, a súa recoñecida e respectada "Cartilla del Guardia Civil", base do seu actual regulamento e código deontolóxico para todos os seus integrantes no que se destaca á "honra como a principal divisa do garda civil; debe, por conseguinte, conservalo sen mancha. Unha vez perdido, non se recobra xamais". Fiel a ese documento, o Concello de Verín quixo ofrecer á Guardia Civil o recoñecemento que só lle permitie obter a súa Cartilla no artigo número 7: "El Guardia Civil no hace más que cumplir con su deber; y si algo debe esperar de aquel a quien ha favorecido, debe ser solo un recuerdo de gratitud". E, así, o fixo constar o rexedor Gerardo Seoane, quen destacou na súa intervención a "importante labor que realizan nos distintos ámbitos de actuación como a seguridade cidadá, viaria, investigación, loita antiterrorista ou violencia de xénero, entre outros, porque garantir a seguridade dos habitantes de calquera zona é fundamental para o desenvolvemento da nosa sociedade", apuntou. Rematou o primeiro edil agradecendo "en nome de toda a cidadanía e no meu nome propio a vosa adicación e compromiso, profesionalidade e traballo, para que mañá volvades a vestirvos de novo da vontade e sentido da responsabilidade que vos caracterizan e que permiten que poidamos vivir coa tranquilidade e seguridade de saber que contamos con vós para protexernos", rematou o alcalde.

O acto estivo tamén copresidido polo xefe de operacións da Comandancia da Guardia Civil de Ourense, José Fermín Díaz Silva, e polo capitán xefe da compañía de Verín, Francisco Javier Martín Márquez. Non faltaron outros membos do instituto armado, como o teniente Juan Carlos Nogueiras, responsable do destacamento de Tráfico da Guardia Civil en Verín, resto de compañeiros, familiares dos mesmos e demais representación da sociedade civil.

guardia2Gerardo Seoane, o alcalde, co xefe de operacións do instituto armado en Ourense, José Fermín Díaz Silva (FOTO: Carlos Montero).

Logo de intercambio de medallas conmemorativas do 175 aniversario entre Cuartel e Concello e do visionado dun vídeo resumo da traxectoria do instituto armado dende a súa creación, rematou o acto entre vítores á Guardia Civil e unha foto de familia no acceso ao Salón de Actos da Casa da Cultura da vila.
 

O Concello de Verín honra aos 175 anos de compromiso da Guardia Civil coa cidadanía
comentarios