luns 21/06/21
A evolución de pandemia coloca á vila nun risco maior incluso que o da primeira onda da pandemia

O Concello de Verín estuda varias medidas para conter á pandemia na vila, entre elas, a do teletraballo do seu persoal

Ao longo do día coñeceránse as medidas que arestora estudan o alcalde e os seus tenentes de alcalde do Concello de Verín, para tentar conter a perigosa evolución do número de casos activos no municipio verinense. 

Diego Lourenzo e Rosario Rodríguez, alcalde en funcións e tenente de alcalde, estudan a adopción de medidas de ámbito municipal para a contención da pandemia na vila. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Diego Lourenzo e Rosario Rodríguez, alcalde en funcións e tenente de alcalde, estudan a adopción de medidas de ámbito municipal para a contención da pandemia na vila. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Arestora está reunidos na casa consistorial verinense o alcalde da vila, Gerardo Seoane, e os seus tenentes de alcalde, o nacionalista Diego Lourenzo Moura, e a socialista Rosario Rodríguez Delgado

Segundo puido saber esta redación, barállanse neste intres varias medidas de contención da pandemia no municipio -que presenta un avance desorbitado en número de casos e con taxas de incidencia moi por enriba das recoñecidas de máximo risco-. Entre elas, e á espera de que se concreten, está a de que o seu persoal funcionario e laboral volva ao teletraballo dende as súas casas e o peche das principais instalacións municipais, onde só se atenderán aqueles casos de ineludible despacho. 

Á espera da resolución do comité clínico da vindeira semana

Se os casos no municipio de Verín manteñen o percorrido que experimentaron nas últimas xornadas, a súa situación epidemiolóxica sería tal que ninguén dubida de que na reunión do comité clínico da vindeira semana (luns ou martes, segundo anunciou o presidente autonómico Alberto Núñez Feijóo) o caso verinense estaría sobre a mesa para aplicar, sobre el, medidas máis restritivas similares ás que xa ten Xinzo de Limia arestora

O Concello de Verín estuda varias medidas para conter á pandemia na vila, entre elas, a...
comentarios