luns 12/04/21
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e o presidente da agrupación, Manuel Alfonso Araujo, reuníronse para asinar o convenio do exercicio 2021

O Concello de Verín recompensa o esforzo dos voluntarios de Protección Civil na pandemia cun aumento do gasto nun 20%

Manuel Alfonso Araujo sinalou no acto de sinatura que o número de operativos no 2020 incrementáronse nun 60 por cento con respecto ao 2019, pola incidencia da pandemia. 

210308 FIRMA CONVENIO PCIVIL
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo (dereita), xunto co presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Manuel Alfonso Araujo, na sinatura do convenio de Protección Civil. | FOTO: Concello de Verín.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, xunto co presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, reuníronse para asinar o convenio de mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano 2021. Nesta xuntaza tamén se acordou o aumento do gasto en Protección Civil nun 20%.

No acto, Araujo detallou o balance anual do 2020, no que aumentaron nun 60% o número de operativos con respecto ao ano anterior. Destas intervencións, o 70% estiveron relacionadas coa pandemia. Entre elas destacan os traballos de repartición de alimentos e medicamentos, a entrega de material escolar, a desinfección de vehículos de emerxencias ou a colaboración nos cribados realizados pola Xunta. Ademais destas, realizáronse outras intervencións como a colaboración na extinción de incendios forestais na comarca ou aquelas de apoio en situacións de emerxencia. 

O presidente da agrupación recalcou que ''os voluntarios estiveron e seguen estando ao pé do canón, desde o primeiro momento, coas persoas que máis o necesitan. É un traballo duro, pero o agradecemento que nos mostra a xente é o que nos axuda a seguir adiante co noso labor''.

Os voluntarios estiveron e seguen estando ao pé do canón, desde o primeiro momento, coas persoas que máis o necesitan. É un traballo duro, pero o agradecemento que nos mostra a xente é o que nos axuda a seguir adiante co noso labor ( Manuel Alfonso Araujo, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín)

Finalmente, Seoane anunciou o incremento da achega económica municipal á agrupación nun 20%. O obxectivo é regular as bases de colaboración entre o Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Esta ten como fin garantir a coordinación preventiva e operativa da protección ás persoas e bens, fronte aos posibles danos causados por situacións de emerxencia, grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer, tamén, as emerxencias menores.

O Concello de Verín recompensa o esforzo dos voluntarios de Protección Civil na...
comentarios