sábado 27/02/21
Xa se compraron máis de 500 cubrebocas, dende que comezaron a comercializalos

O Concello de Verín amplía a venta das ''mascarillas entroideiras'' ata o martes 16 de febreiro

Poden mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes por un prezo de cinco euros

210212 MATERIAL SEMPRE LATEXANDO
Ampliación do período de venta das ''mascarillas entroideiras'' no Concello de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín anuncia a ampliación do período de venta das súas ''mascarillas entroideiras'', debido á gran demanda experimentada na última semana. O deseño foi elaborado pola artista local Aurora López.

Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos, explicaba esta decisión afirmando que ''dende que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras. Por iso, ampliaremos un par de días máis, os vindeiros luns e martes, o período de venda''.

Dende que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras (Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos)

Estes cubrebocas poden mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes por un prezo de cinco euros, ata o próximo martes 16 febreiro. O sábado e domingo permanecerá pechado. 

Horario:

  • Pola mañá: de 10:00h a 13:00h
  • Pola tarde: de 16:00h a 18:00h

O Concello de Verín amplía a venta das ''mascarillas entroideiras'' ata o martes 16 de...
comentarios