O Concello de Verín abre un novo proceso de contratación laboral temporal | NOTICIAS VERÍN
O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun proceso de contratación laboral temporal destinado a reforzar os servizos municipais de vías e obras. A convocatoria inclúe tres postos de traballo dirixidos a profesionais con diferentes perfís técnicos.
Prazas ofertadas
- Oficial de primeira de vías e obras
- Peón de vías e obras
- Condutor/a de maquinaria de obras públicas
Segundo informou o consistorio, o procedemento selectivo desenvolverase conforme ás bases xerais de contratación do Concello e ás bases específicas publicadas para cada posto, que poden consultarse tanto no Tablón de Anuncios – Emprego Público da sede electrónica municipal (verin.sedelectronica.gal) como no taboleiro de anuncios do Concello.
Prazo de presentación
O prazo para presentar as instancias será de sete días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio.
O último día para presentar solicitudes é o 14 de novembro de 2025.