🔴 O Concello de VerÃn retiraralle a concesión do subministro de auga a Espina & DelfÃn por "incumprimento de contrato"
Cando os servizos de prensa do Concello de VerÃn enviaron unha convocatoria urxente para unha rolda na que se darÃa conta "de importantes novidades na prestación dos servizos municipais", ninguén podÃa agardar que o anuncio feito esta mesma mañá polo alcalde e o seu primeiro tenente de alcalde, Gerardo Seoane e Diego Lourenzo, respectivamente; fose de tanta envegadura.
Os dous, nunha comparecencia conxunta, anunciaron o inicio do procedemento administrativo polo que a actual concesionaria do servizo municipal de abastecemento e saneamento de VerÃn deixará de selo. O grupo de Goberno vén de confirmar que, "dados os notables e contrastados incumprimentos contractuais recollidos no contrato de concesión do subministro de auga á vila de VerÃn, que lle están a supor ás arcas municipais un importante desembolso económico, vémonos na obriga de rescatar este servizo e remunicipalizalo, deixando sen efecto o contrato que ata o de agora rexÃa", sinalou o rexedor verinense, Gerardo Seoane.
O pleno de VerÃn ratificaba un xa lonxano 23 de novembro de 2009 a adxudicación do servizo de abastecemento de auga á empresa Espina y DelfÃn, que tivo que desembolsar por aquel entonces ás arcas municipais 1,5 millóns de euros de canon inicial, máis o un por cento do montante da recadación cada ano durante os 20 seguintes que durarÃa a concesión.
[ Haberá amplicación ]