venres 15/01/21
Solicitan, como xa así se pronunciaron outros colectivos, o arquivo "inmediato" do expediente disciplinario

Compañeiros do doutor Castrillo comezan a recoller sinaturas entre o persoal do hospital de Verín

Os compañeiros do doutor Castrillo no hospital iniciaron este martes a recollida de sinaturas para que o persoal sanitario apoie, de xeito expreso, a solicitude de arquivo do expediente ao xefe do servizo de Xinecoloxía do comarcal verinense. 

Plataforma e compañeiros do doutor Castrillo actívanse na súa defensa. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Plataforma e compañeiros do doutor Castrillo actívanse na súa defensa. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

As mostras de apoio ao xefe do Servizo de Xinecoloxía do Hospital Público de Verín continúan. Esta mesma mañá, e segundo puido saber Diario do Támega, varios compañeiros do doutor Francisco Javier Castrillo Gutiérrez, sobre o que pesa a posibilidade dunha inhabilitación de dous anos de prosperar o expediente disciplinario iniciado á instancias do Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial; están recollendo sinaturas entre todo o persoal do complexo hospitalario en defensa da integridade persoal e profesional do galeno e solicitando, expresamente, que se arquive, "de xeito inmediato", o expediente que se incoa "e que nunca se tivo que ter iniciado", din os sanitarios organizadores da recollida de sinaturas.


 

Compañeiros do doutor Castrillo comezan a recoller sinaturas entre o persoal do...
comentarios