luns 18/01/21
Os comerciantes esperan ter unha grande acollida por parte da poboación

Os comerciantes da vila abrirán os sábados pola tarde

Máis de 40 establecementos pertencentes a Aever abrirán este sábado e cada primeiro sábado de mes.

Imaxe dun establecemento da vila.
Imaxe dun establecemento da vila.

Máis de 40 establecementos pertencentes á Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín abrirán este sábado día 4 de maio pola tarde, sumándose aos que manteñen  as súas portas abertas nesa banda horaria habitualmente. 

Esta iniciativa forma parte dunha campaña publicitaria con motivo do día da nai e de lanzar unha mensaxe de responsabilidade cara o comercio local.

"A experiencia de campañas de sensibilización anteriores é moi positiva, a xente da comarca de Verín identifícase co comercio local cada vez máis e este tipo de campañas en favor do comercio de cercanía teñen unha boa acollida. A campaña apela a que calquera pequeno xesto, incluso un regalo polo día da nai, comprado no comercio local axuda á sustentabilidade da actividade principal da vila", afirmaron os seus representantes nun comunicado oficial.

Ata agora había poucos comercios na vila que permanecesen abertos os sábados pola tarde, pero a partir de mañá, cada primeiro sábado de mes máis de 40 establecementos seguirán a iniciativa na franxa horaria dos sábados pola tarde. Esta decisión foi tomada en asamblea despois de diversas conversas, xa que "supón un esforzo persoal e familiar" para os comerciantes, pero aseguran esperar unha moi boa acollida por parte da poboación e que máis establecementos se unan a esta nova dinámica.

Os comerciantes da vila abrirán os sábados pola tarde
comentarios