martes. 23.04.2024
PHOTO-2021-03-05-09-26-45
O CMUS de Verín celebra o seu 30 aniversario. | FOTO: CMUS.

O Conservatorio de música (CMUS) de Verín celebra o seu 30 aniversario. E, para iso, os seus responsables véñen de pedir a colaboración daqueles alumnos e exalumnos do centro educativo para que contribúan a festexar as tres décadas enviando fotografías do seu paso pola institución académica.

A intención é reunir todas as imaxes nunha exposición conmemorativa. ''Quen non ten un veciño, un amigo ou un familiar que formou parte do CMUS Verín e que teña algunha foto?'', se preguntan nas súas redes sociais os organizadores da conmemoración. 

Ademais, os alumnos están participando nun concurso para elexir o nome que levará a futura revista do centro, coa que pretenden ser a primeira publicación de música da vila. O título non poderá superar as catro palabras e un xurado composto por profesores do conservatorio e membros da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) escollerá un deles. 

Outra iniciativa que están barallando é presentar un proxecto de igualdade para que os nenos e nenas poidan gozar de actividades musicais nos vindeiros meses.

Cartel do concurso

PHOTO-2021-03-05-09-26-45 (2)

O Conservatorio de Verín celebra os primeiros 30 anos de vida cunha exposición de...