jueves. 18.04.2024
casasregionales2019 cigarróns
XI Encontro de Casas Rexionais e Provincias "España en Sevilla" 2019.

Entre o 11 e o 13 de outubro, desenvolveranse na Plaza Nueva de Sevilla as actividades da undécima edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais "España en Sevilla". E alí estará a Banda de Gaitas de Verín e unha representación dos nosos Cigarróns, membros da Asociación Cigarrón de Verín.

Aínda que iste ano a rexión homenaxeada é Cantabria, coa Casa de Cantabria como cabeza visible, non hai dúbida: os sevillanos quedarán namorados dos sons das gaitas e das chocas cando a Banda de Gaitas e os Cigarróns paseen polas súas rúas ofrecendo un vistoso pasarrúas representativo da nosa tradición máis entroideira.

O encontro contará con 16 expositores chegados de distintas rexións da Península co obxectivo de dar a coñecer as tradicións e os produtos máis enxebres de cada rexión. Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Cataluña, Castela a Mancha, Extremadura, Soria... E Galicia estará representada por Lar Gallego e polas tradicións de Verín: os nosos Cigarróns e a Banda de Gaitas.

O son das chocas escoitarase en Sevilla