Xoves. 28.03.2024
cartaz2.0-banner
Cartel do evento. Fonte: Biblioteca Municipal de Verín.

A Biblioteca Municipal do Concello de Verín acolle entre hoxe e mañá un ciclo adicado á composición teatral realizada polos Xesuítas no convento de Monterrei.

Julio Ignacio González Montañés, encargarase hoxe de comezar o ciclo ás 19:30 h coa conferencia "Monterrei, cuna do teatro Xesuítico galego". González Montañés é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, coas especialidades de Historia da Arte Antigo e Medieval e de Museoloxía. Obtivo o doutoramento cum laude en 2002 coa tese interdisciplinar na que analizaba as relacións entre o teatro e as artes plásticas na Idade Media peninsular e desde entón orientou a súa labor investigadora non só no eido da arte senón tamén no teatro e os espectáculos. O froito do seu traballo pode verse nos seus libros e na multitude de artigos que ten publicados.

O venres 31, tamén ás 19:30 h, Julio Alonso Asenjo dará a conferencia “Égloga de Vírgine Deípara”. Asenjo realizou unha licenciatura e cursos de doutorado en Ciencias Bíblicas na Universidade Gregoriana de Roma e no Instituto Bíblico de Roma, así coma Filoloxía Hispánica na Universitat de València. A súa labor profesional estivo sempre no eido do ensino, xubilándose coma titular da Universidade de Valencia no departamento de Filoloxía Española, participando en numerosos proxectos de investigación e en numerosas actividades académicas coma redactor de diversas revistas literarias especializadas. É autor de varias obras arredor do antigo teatro humanístico e escolar hispánico.

A Biblioteca Municipal de Verín acolle un ciclo sobre a composición teatral dos...