Venres. 29.03.2024
Raiola impedirá a visita dos familiares ao interior das instalacións e controlará a diario a saúde dos seus anciáns

O centro de día de Verín reabre o vindeiro 1 de xuño cun estrito protocolo de seguridade para usuarios e persoal

Aos maiores de Raiola, o centro de día de Verín, efectuaraselle unha enquisa clínico-epidemiolóxica todos os días para a detección precoz de posibles sintomatoloxías de COVID-19. É unha das moitas medidas que a dirección implementará para manter as instalacións libres do virus dende o vindeiro 1 de xuño.
No centro de día de Verín non volverán a verse imaxes coma esta. Dende o día 1 respectaranse as distancias de seguridad escrupulosamente.
No centro de día de Verín non volverán a verse imaxes coma esta. Dende o día 1 de xuño respectaranse as distancias de seguridade escrupulosamente.

A dirección de Raiola, o centro de día para maiores do Concello de Verín, vén de anunciar que se a situación epidemiolóxica da comarca e da provincia continúa evolucionando positivamente, reabriranse as súas portas a partir do vindeiro 1 de xuño, garantindo o estricto cumprimento de todos os protocolos sanitarios e seguindo o Plan de reactivación no ámbito sociosanitario en relación coa infección polo virus SARS-CoV-2 elaborado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia.

O equipo de profesionais garantirá, en todo momento, un estricto cumprimento dos protocolos de seguridade para evitar poñer en perigo aos maiores. Entre as medidas que levarán adiante están a prohibición das visitas ao centro dos familiares dos usuarios, a dotación aos traballadores e anciáns de equipos de protección, a desinfección constante das instalacións en varias quendas no día ou a reorganización do persoal para que os contactos sexan mínimos. 

Para nós a seguridade e a saúde dos nosos maiores sempre foi o noso principal obxectivo. Agora vimos de deseñar uns estritos protocolos para garantirlle ás familias dos nosos usuarios que este centro de día vai a ser un entorno completamente seguro e un lugar libre de COVID-19, agora e sempre (Chelo Ferreiro, directora do centro de día de Verín)


Ademais, dende a dirección de Raiola tamén se ordeará a realización diaria de controis de temperatura corporal a traballadores e maiores e a realización e a elaboración dunha enquisa clínico-epidemiolóxica todos os días para a detección precoz de posibles sintomatoloxías de COVID-19.
Segundo confirmou a directora do centro, Chelo Ferreiro, "para nós a seguridade e a saúde dos nosos maiores sempre foi o noso principal obxectivo. Agora vimos de deseñar uns estritos protocolos para garantirlle ás familias dos nosos usuarios que este centro de día vai a ser un entorno completamente seguro e un lugar libre de COVID-19 agora e sempre", asegurou. 

O centro de día de Verín reabre o vindeiro 1 de xuño cun estrito protocolo de...