xoves 22.08.2019
O CENTRO DE DÍA DA VILA VERINENSE QUERE DAR A COÑECER AS NOVAS INSTALACIÓNS

O Centro de Día Raiola de Verín organiza unha xornada de portas abertas o sábado 17

Persoal da compañía adxudicataria informará aos que ata alí se acheguen de todos os servizos que se están a prestar dende o pasado mes de abril, no que comezaron a chegar os primeiros usuarios que xa dispoñen de praza asignada.
Imaxe de arquivo dunha das xornadas interxeneracionais que se realizan en Raiola. | FOTO: Iván Olmos
Imaxe de arquivo dunha das xornadas interxeneracionais que se realizan en Raiola. | FOTO: Iván Olmos

Achégase setembro e a volta de moitas familias das súas vacacións. Neste contexto, a xerencia do Centro de Día Raiola de Verín organiza, o vindeiro sábado día 17 de agosto, unha xornada de portas abertas ao público da vila e contorna. O obxectivo é dar a coñecer a todos aqueles interesados en obter praza as instalacións deste servizo municipal do Concello de Verín. Segundo confirmaron dende a dirección do centro, dende as 14:00 ata as 20:00 horas estará aberto o recinto, de xeito ininterrumpido.

Segundo confirmaron dende a dirección do centro, dende as 14:00 ata as 20:00 horas estará aberto o recinto, de xeito ininterrumpido.

Persoal da compañía adxudicataria informará aos que ata alí se acheguen de todos os servizos que se están a prestar dende o pasado mes de abril, no que comezaron a chegar os primeiros usuarios que xa dispoñen de praza asignada. Así mesmo, trasladarase información sobre como acceder ás axudas á dependencia da Xunta de Galicia e das diferentes actividades que se realizan coas usuarias e usuarios.

Dende a posta en marcha do servizo, xa son más de vinte os usuarios que desfrutan das diferentes actividades, saídas e coidados das profesionais do centro, xa sexa a xornada completa ou a media xornada. Dende o goberno local do municipio verinense agardan poder completar as prazas do centro antes de final de ano.

O Centro de Día Raiola de Verín organiza unha xornada de portas abertas o sábado 17
comentarios