Venres. 29.03.2024
Á primeira das charlas de Raiola acudiron unhas vinte persoas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Á primeira das charlas de Raiola acudiron unhas vinte persoas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Centro de Día para maiores de Verín -Raiola- inaugurou este mércores o primeiro dos seus ciclos de conferencias adicado aos coidadores dos anciáns, fosen ou non usuarios da instalación municipal verinense. Con el, ademais de ofrecer un servizo adicional e conmemorar o seu primeiro ano de funcionamento, persegue convertirse nun punto de referencia formativa para todas aquellas persoas que, por circunstancias vitais, deberon de asumir os coidados de familiares en idade avanzada ou con algunha doenza que lles impide a realización da máis básicas actividades da vida diaria. 

Nesta sesión inaugural, na que participaron unhas vinte persoas, adicouse a primera hora deste ciclo a coñecer algo máis dos aspectos normativos que regulan o ámbito de dependencia, tanto a nivel estatal como autonómico. Tamén se falou, e moito, dos principais riscos que sofren os coidadores a nivel físico, mental, emocional e incluso social e de como atallar os seus efectos.

Os asistentes tiveron a posibilidade de participar de xeito moi activo. Tanto María Rivero -educadora social de Raiola- como a súa compañeira Laura Seoane -traballadora social do centro de día- interactuaron co público e coñeceron, de primeira man, moitas das súas circustancias persoais, ademáis de abrírense quendas de preguntas por parte dos asistentes por cuestións específicas. 

María MartínezMaría Martínez, psicóloga afincada en Madrid, falará o vindeiro mércores de "Mindfulness para un envellecemento activo". 

Unha atención plena para envellecer mellor

A vindeira semana continuará, tamén o mércores e á mesma hora, este ciclo de conferencias. Desta vez, a convidada será unha psicóloga afincada en Madrid, María Martínez, que falará de como as novas técnicas de mindfulness -isto é, unha filosofía de vida que convida a permanecer atentos, plenamente e de xeito intencionado a todo o que facemos no propio instante no que acontece- aplicadas aos maiores poden redundar nunha drástica mellora das condicións de vida deles e, por ende, dos seus coidadores máis directos. A súa disertación levará por título: "Programa de Intervención en Mindfulness para un envejecimiento activo". 

A cita será, novamente, ás 20:00 horas, e terá lugar nas instalacións do Centro de Día Raiola de Verín

O centro de día Raiola de Verín inaugura o seu ciclo de charlas para as persoas...