jueves. 25.04.2024
Hoxe venres, os que o queiran coñecer por dentro, poderán achegarse entre as 10:00 e as 19:00 horas

Último día das xornadas de portas abertas do Centro de Día de Verín

Hoxe venres, entre as 10:00 e as 19:00 horas, de xeito ininterrumpido, as portas do Centro de Día da vila estarán abertas aos interesados en obter praza nas novas instalacións pero tamén ao público en xeral. A empresa concesionaria informará in situ a todos aqueles que desexen coñecer o novo servizo ofrecido polo Concello de Verín. 

A sala de repouso do centro de día conta con dúas pantallas e un espazo reservado para a lectura.

A xerencia do Centro de Día para Maiores de Verín organiza para hoxe venres 29 de marzo unhas xornadas de portas abertas ao público da vila e contorna, co gallo de ensinarlle a todos aqueles interesados en obter praza as instalacións do novo servizo municipal do Concello de Verín. Segundo confirmaron dende a xerencia, dende as 10:00 ata as 19:00 horas estará aberto o recinto, de xeito ininterrumpido. Persoal da compañía adxudicataria informará aos que ata alí se acheguen de todos servizos que se prestarán dende o vindeiro mes de abril, no que comezarán a chegar os primeiros usuarios que xa dispoñen de praza asignada.

O pasado venres, o Centro de Día organizou tamén unha xornada de portas abertas para os primeiros vinte inscritos que xa comunicaron a súa reserva de praza. Arredor dun cento de persoas se achegaron ata alí, nunha tarde na que tamén se aproveitou para retratar -da man do fotógrafo Borys Martínez- aos novos usuarios, que terán a súa fotografía enmarcada nas paredes da instalación, por xentileza da nova xerencia.

Último día das xornadas de portas abertas do Centro de Día de Verín