sábado 21.09.2019
Ofrecerá dous menús diarios a escoller entre carne e pescado a un prezo de seis euros

O Centro de Día dos Maiores de Verín inaugura o seu comedor social o 15 de xullo

O Concello de Verín, en colaboración con Raiola, Centro de Día de Verín, porá en marcha o vindeiro 15 de xullo dous novos servizos de marcado carácter social, un comedor e unha lavandería para rendas desfavorecidas ou aqueles residentes que presenten problemas de autonomía que lles impidan levar a cabo as tarefas cotiás máis habituais. Devanditos servizos impleméntanse dando resposta a numerosas peticións veciñais e conscientes das  necesidades económicas dalgunhas unidades familiares.

As persoas que acrediten a súa condición perante os Servizos Sociais do Concello poderán xantar no Centro de Día Raiola a un prezo de seis euros.
As persoas que acrediten a súa condición perante os Servizos Sociais do Concello poderán xantar no Centro de Día Raiola a un prezo de seis euros.

A partir do 15 de xullo, o novo centro de día do Concello de Verín Raiola ofrecerá dous novos e importantes servizos externos. Aproveitando instalacións anexas as actuais, ofrecerá a posibilidade de que todas aquelas persoas con rendas baixas e que así o acrediten perante a oficina dos Servizos Sociais de Verín dispoñan do comedor social para xantar ou cear a un prezo máximo de 6 euros. Así mesmo, tamén estará a dispor de toda a cidadanía un completo e económico servizo de lavandería, que terá un custe de 3,5 euros por cada 5 kilogramos de roupa que se lave e se seque

Xantar en Raiola, Centro de Día de Verín custará 6 euros; lavar e secar 5 kilogramos de roupa, 3,5 euros

«Aínda que inicialmente non estaba previsto ofertar estes servizos para a cidadanía que non sexa usuaria deste centro de Día, o Concello, dando resposta a numerosas peticións e consciente das necesidades económicas dalgunhas unidades familiares, determinou que era o momento de facelo», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Os menús ofertados, que contarán cun primeiro prato, un segundo, postre, auga e café, estarán adecuados ás diferentes patoloxías que acrediten os demandantes deste servizo, ademais de estar supervisados diariamente por un facultativo.

A elaboración dos mesmos correrá a cargo da reputada cociñeira Begoña Vázquez, propietaria dos restaurantes locais Souto das Candeas e Regueiro da Cova.

O Centro de Día dos Maiores de Verín inaugura o seu comedor social o 15 de xullo
comentarios