xoves 04.06.2020
"El Nuevo Támega" da época recolle homenaxes a médicos e colectas para atender aos máis desfavorecidos

Cen anos despois daquela gripe de 1918 na comarca.... Mesmos heroes, idéntica solidariedade

Botar unha ollada a como os medios de comunicación da comarca despachaban o andazo da gripe española de 1918 e seguintes, non deixa lugar a dúbidas de que se a epidemia se comportaba de xeito moi similar, os heroes contra a mesma, antes e agora, son tamén os mesmos

Exemplar de "El Nuevo Támega", del 21 de noviembre de 1918, propiedade de D. Lino García Vázquez, comerciante, xornalista e político executado en xuño de 1937 logo de ser acusado de rebelión polo réxime imperante.
Exemplar de "El Nuevo Támega", del 21 de noviembre de 1918, propiedade de D. Lino García Vázquez, comerciante, xornalista e político executado en xuño de 1937 logo de ser acusado de rebelión polo réxime imperante.

Se algo ten como condición case probada o ser humano é que, ou ben non aprende, ou de facelo, esquece de xeito veloz -e máis, se é que pasan nada menos que unha centuria de anos-. Precisamente foron eses os que transcorreron dende aquel andazo da que se deu en chamar gripe española de 1918 e que afectou ao territorio durante tres longos anos

Evidentemente, a realidade de entón era moi distinta á de agora. A metade dos habitantes daquela España eran analfabetos e a tasa da mortalidade infantil era o dobre da dos países máis pobres de hoxe en día, pero pouco mudaron as principais medidas que por aquel entón se tomaron para conter á enfermidade, se se comparan coas actuais. Como tampouco, grande parte dos seus protagonistas. Se agora, o colectivo sanitario é un dos máis valorados pola súa labor e compromiso na loita contra a pandemia, que os fai merecedores de todos os recoñecementos públicos -agás algúns deplorables casos de rexeitamento expresados en folios expostos en comunidades de veciños-; por aquel entón, tamén o eran e ata se realizaban peticións púbicas de aportacións económicas para rendirlles tributo. Así se pode ler, por exemplo, no número 1053 de "El Nuevo Támega", do 21 de novembro de 1918, seis meses despois de que o 22 de maio dese ano se publicasen as primeiras informacións daquel andazo: "A continuación copiamos la siguiente relación de donativos que, para su inserción, nos envía el Sr. Registrador de la Propiedad de esta villa, don Manuel do Campo. Con igual fin nos remite también un manifiesto "Al Pueblo de Verín" y una carta invitando al vecindario a tributar homenaje al Sr. Cura Párroco, don Santiago Rodríguez, y al médico Sr. Guerra, como motivo de su plausible actuación durante la epidemia reinante (...). Relación de las cantidades suscritas por los señores que han prestado su adhesión y concurso al homenaje que se intenta rendir al laborioso, competente y culto Doctor en Medicina, D. Juan Guerra Valdés, distinguido convecino de Verín, por la benéfica y laudable campaña realizada en esta villa, con motivo de la invasión de la epidemia de gripe que venimos sufriendo en la localidad", seguindo, como así se reflicte, unha relación de nomes de prohomes da vila, e algúns máis modestos, coas súas respectivas aportacións. 

Nese mesmo número se daba conta tamén de como ía a recadación de fondos da "Suscripción Popular abierta en favor de los enfermos pobres de este villa", que logo das aportacións de 1.000 pesetas da Comisión de festexos do Centenario da Mercede e as 30 de D. Feliciano Salgueiro G. Barbón achegábase xa por entón ás 4.870,15 pesetas da época

Mortes soadas

Non faltaban tampouco referencias ás vidas que a gripe daqueles anos se estaba a cobrar, sen respectar condición ou idades. Sete días despois, o 28 de novembro, no seguinte número de "El Nuevo Támega", anunciábanse os oficios fúnebres polo descanso "del Superior de esta Residencia -da da Mercede-, R. P. Cesáreo Fernández, que falleció en esta villa el día 15 del corriente mes, víctima de la enfermedad reinante". Tamén se daban as grazas aos asistentes ás exequias polo mozo Antonio Parada Limia e mesmo se daba conta do falecemento "en la madrugada de ayer, en Castrelo del Valle, víctima de la enfermedad reinante" do "acreditado comerciante de aquel pueblo D. Fidel Vázquez García".

No seguinte exemplar, o 1055, do 5 de decembro, informábase da "triste noticia del fallecimiento del Padre Méndez, acaecido en Feces de Abajo, de cuya feligresía era ecónomo, a consecuencia de la enfermedad reinante. Su muerte fue sentidísima en Verín, en donde contaba con muchísimas simpatías, Sus funerales celebraránse hoy en dicha parroquia", claro exemplo de que en 1918 algunhas das medidas que agora se aplican non se pensaron nelas entón. 

Os rexedores locais, na primeira liña, antes e agora

E se, con esta enfermidade, os rexedores locais están a ser os primeiros en situarse no fronte da loita con medidas de desinfección, reparto de alimentos a aquelas unidades familiares máis desfavorecidas e distribución de máscaras entre a poboación (Castrelo do Val, Laza, Oímbra, Monterrei ou Cualedro, entre outros), por aquel entón, en 1918, a función era tamén a mesma: "Merced a las gestiones del Sr. Espada, el Gobierno envió toda clase de medicamentos para combatir la epidemia reinante en el ayuntamiento de Laza, cuyo alcalde los puso a disposición del médico de dicho municipio, que los viene suministrando a los enfermos pobres". Días atrás era o Concello de Laza o que concertaba coa farmacia do lugar a entrega de máscaras aos seus veciños con só presentarse coa tarxeta sanitaria no establecemento

Ana María Villarino Pardo, repartindo máscaras.A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, esta mesma mañá, entregando máscaras e luvas á señora Esperanza. 

Ese mesmo deputado a Cortes polo distrito, Sr. Espada, a "instancias del Alcalde de Villardevós, don Mauro Núñez González, ha solicitado y obtenido de la Inspección General de Sanidad, varios lotes de medicamentos y desinfectantes para combatir la epidemia reinante, y como por fortuna en ese Ayuntamiento ha decrecido mucho esa enfermedad, el mencionado Alcalde pone a disposición de los pobres, sean éstos de donde fueren, tales medicamentos y desinfectantes que en la casa Ayuntamiento serán facilitados por el médico municipal". Concello, o de Vilardevós, que tamén nesta pandemia está a ter moi escaso protagonismo no que a número de afectados atinxe. 

Esta é unha sinxela mostra de que non só se repiten os mesmos patróns nos acontecementos e nos andazos, tamén na resposta que a poboación lle dá a eles. Reportaxe que non sería posible sen a inestimable colaboración dun que foi, entre outros cargos de representación pública, alcalde de Verín, Santiago Cid Harguindey, quen non só é propietario dun verdadeiro tesouro editorial da época, con centos de exemplares dos xornais editados en Verín a finais do seculo XIX e primeiras décadas do XX, senón que ata recolleu nun libro sen editar -"La imprenta y el libro en las comarcas de Verín y en Trás os Montes"-, grande parte da historia editorial destas terras.

Tampouco podería completarse esta breve comparativa sen o traballo que os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín efectuaron nos útimos anos, escaneando e pondo á dispor de todos os que queiran consultalos, os exemplares custodiados por Cid Harguindey e que están dispoñibles se vostedes premen AQUÍ

Cen anos despois daquela gripe de 1918 na comarca.... Mesmos heroes, idéntica...
comentarios