Luns 17.06.2019
Unha das gañadoras, de etnia xitana, denunciaba o racismo no seu escrito

Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro: catro das obras premiadas trataron o acoso, violencia e racismo

Yésica Suárez Montoya con Xosé Carlos Caneiro durante a entrega dos premios.
Yésica Suárez Montoya con Xosé Carlos Caneiro durante a entrega dos premios.

O pasado día 17 de maio, celebrouse a gala músico-literaria do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, onde un total de 26 autoras e autores foron obsequiados coma finalistas cun diploma e un lote de libros, así coma con 90, 60 ou 30 euros adicionais para os primeiros, segundos e terceiros postos, respectivamente.

Co poema titulado Di non ao racismo, Yésica Suárez Montoya, alumna de 6º do CEIP Princesa de España foi a gañadora do certame na modalidade de 5º e 6º de PrimariaO segundo premio foi para a poesía Non me acoses de Cristian Araujo Rodríguez, alumno de 6º do CEIP Amaro Refojo e o terceiro para o poema A dor do mar de Carmen Page Castro, alumna de 5º B do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.

Na modalidade de 1º e 2º de ESO, a gañadora foi Silvia Calviño Álvarez, alumna de 2º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, coa poesía titulada Hai que vivilaRodrigo González Álvarez, alumno de 1º B do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, co poema Xa non vira o cataventos, obtivo o segundo premio e o terceiro foi para a composición poética O acoso de Miguel Rodrigo Pañeda Carrera, alumno de 2º do Colexio Apostólico Mercedario.


Sheila Prieto Estévez, alumna de 4º do I.E.S. Castro de Baronceli, obtivo o primiero premio na modalidade de 3º e 4º de ESO, coa composición poética Última esperanza. En 3º e 4º de ESO, obtivo o segundo premio a poesía Non á violencia de Mario Esteban Gómez, alumno de 3º do Colexio Apostólico Mercedario. O terceiro premio foi para o poema O voltar das meigas de Antía González Reis, alumna de 3º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.

As obras presentáronse baixo plica, como todas as que concorreron á fase final, para que o xurado ignorase tanto a autoría como o centro que a preseleccionou. Os premios foron entregados polo autor homenaxeado, Xosé Carlos Caneiro Pérez; e polas concelleiras de Cultura e Educación e Festexos, Emilia Somoza Basalo e de Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes, Purificación Caldelas.

Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro: catro das obras premiadas trataron o acoso,...
comentarios