jueves. 25.04.2024
210225XLSVerin
Reunión por vía telemática do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane. | FOTO: Subdelegación do Goberno.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asistiron á reunión da Xunta Local de Seguridade, celebrada de maneira telemática. Nesta realizouse unha análise e valoración da seguridade cidadá, así como dos datos de violencia de xénero no municipio.

No referente á seguridade cidadá, o subdelegado destacou que os niveis se atopan en índices similares aos do ano 2020, o que implica que a localidade segue a ser ''un municipio seguro no que as administracións e as forzas e corpos de seguridade seguirán traballando para manter os niveis de seguridade acadados''.

As administracións e as forzas e corpos de seguridade seguirán traballando para manter os niveis de seguridade acadados (Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense)

Un aspecto moi relevante foron os datos presentados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno. Ditos números indican un descenso dos casos activos no sistema VioGén con respecto ás cifras aportadas na Xunta Local de Seguridade celebrada no ano 2020, pasando de 37 casos activos a 29. Neste sentido, pódese dicir que hai un descenso do 21'6% con respecto ao ano anterior. 

20210225XLSVerinReunión por vía telemática do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane. | FOTO: Subdelegación do Goberno.

Outro dos puntos tratados foi a activación do Plan Estratéxico de resposta policial ao consumo e tráfico de drogas minorista en zonas, lugares e locais de ocio. A través deste, as forzas e corpos de seguridade desenvolverán actuacións para previr e reducir a oferta de drogas aos consumidores, especialmente entre a mocidade, así como previr a condución de vehículos a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas ou drogas tóxicas.

Finalmente, acordouse o impulso do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, con charlas sobre novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero e prevención de condutas aditivas. 

Os casos de violencia contra a muller descenden máis dun 20% no último ano en Verín