sábado. 20.04.2024
O candidato á presidencia da Xunta por Marea Galeguista visitou esta mañá o hospital e o centro de día de Verín

Pancho Casal: "Se Feijóo quería pechar o paridoiro antes das eleccións, que non fará despois?"

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Pancho Casal, e a súa número un por Ourense, Milagros Corral, visitaron este domingo o hospital de Verín e o centro de día municipal, Raiola. 

Tras escoitar como os familiares narraban os problemas cognitivos e físicos acumulados nos seus maiores desde o comezo do confinamento e peche –sen reapertura– dos centros de día, Casal denunciou a "actitude impresentable" de Feijóo coas familias e cos profesionais sociosanitarios.

Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, en Raiola, o centro de día de Verín.
Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, en Raiola, o centro de día de Verín.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, Pancho Casal, tivo esta mañá unha apretada axenda de visitas na vila verinense. No hospital foi recibido por o xinecólogo Rogelio Viñán e pola matrona Sara Campo, de quen escoitou, de primeira man, como se desenvolveu un dos capítulos máis discutidos da política sanitaria do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e que situou a Verín no mapa da protesta social acuñando un lema que xa está a ser o da precampaña electoral: #VerínNonSePecha.

panchohospiDende a esquerda, Sara Campo (matrona), Pancho Casal, Rogelio Viñán (xinecólogo), Milagros Corral e Manuel Pousada. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Logo desa reunión técnica e acompañado pola cabeza de lista por Ourense, Milagros Corral Surribas, dirixiuse ao centro de día municipal de Verín, Raiola. Alí o agardaban, ademáis da súa directora, Chelo Ferreiro, algunhas das familias dos seus usuarios que, como xa fixeron en anteriores ocasións con outros representantes políticos, contáronlle, de primeira man ao candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, Pancho Casal, como estiveron e aínda estaban a vivir as familias o confinamento e posterior anuncio de Núñez Feijóo de manter pechados -cando xa os avós galegos están a recibir aos seus netos doutras comunidades como a madrileña tras a finalización do Estado de Alarma- os centros de día. 

A medida que Casal Vidal escoitaba aos familiares dos usuarios do centro de día de Verín, medraba a súa indignación, ata o punto de que nas declaracións posteriores á reunión chegou incluso a ofrecer desculpas pola vehemencia do seu discurso diante das cámaras: "Isto é intolerable, estou indignado. Señor Feijóo!, veña aquí ou vaia a un centro de día e escoite ás familias, escoite como se están deteriorando os seus maiores e os seus familiares (...). Se fala con elas, seguro que acaba sentindo a indignación que estou sentindo eu agora", afirmou. 

A política de Feijóo no rural resúmese nunha frase, a de Verín non se pecha. Se antes das eleccións quería pechar o paridoiro, que non fará despois?

O candidato de Marea referíuse tamén á mobilización cidadá dos verinenses logo de que se anunciase o peche do paridoiro:  "A política de Feijóo no rural resúmese nunha frase, a de Verín non se pecha. Se antes das eleccións quería pechar o paridoiro, que non fará despois?", e solicitoulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se alonxe dos "burócratas que o rodean e deixe de insultar aos profesionais dos centros de día, afirmando que lles falta formación e que teñen que recibila para volver a abrir. É o mesmo argumento que usou para xustificar o peche do paridorio, que os seus xinecólogos e matronas perderan man. Había que pechar Verín porque non tiñan habilidade para os partos despois de 25 anos traballando", asegurou visiblemente enfadado Casal Vidal, reafirmándose nas ganas que ten de estar no Parlamento "para que o Parlamento veña aquí, iso é o que temos que conseguir, que se coñeza a realidade a pé de rúa das galegas e dos galegos", rematou o candidato de Marea Galeguista. 

Pancho Casal: "Se Feijóo quería pechar o paridoiro antes das eleccións, que non fará...