Participará co presidente provincial, Manuel Baltar, nun mitin na escola mercedaria

Núñez Feijóo estará esta tarde en Verín facendo campaña

Alberto Núñez Feijóo, nunha imaxe de arquivo acompañado, entre outros, por Félix Rubia e o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña (primeiro e segundo pola dereita). | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Ás 21:00 horas está previsto que comece o mitin que o Partido Popular celebrará na colexio mercedario da vila. O presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estará acompañado de Manuel Baltar, máximo responsable provincial dos populares e presidente da Deputación, e por Marisol Díaz Mouteira, número un da lista do PP por Ourense.