Venres. 29.03.2024
IMG_20210305_181555_642-min
Biblioteca do IES García Barbón renovada. | FOTO: IES García Barbón.

A biblioteca do IES García Barbón presenta unha renovación integral co propósito de gañar atractivo e funcionalidade.

O cambio basease en paredes pintadas de branco, novo mobiliario, reforma das fiestras para máis luz e illamento, e mellor iluminación do lugar. O espazo tamén conta cunha zona ampla de estudo. 

Por outra banda, o alumnado e o profesorado teñen máis de seis mil obras a súa disposición. Contan con libros de ficción e non ficción en galego, castelán e inglés, ademais de banda deseñada, CD de música, DVD de películas e xogos didácticos. 

O obxectivo destas melloras é fomentar a lectura e inserir a biblioteca na vida escolar normal do alumnado como espazo de estudo e traballo, de aprendizaxe e convivencia. Por iso, impúlsanse actividades, exposicións e concursos que impliquen aos estudantes; amplíase o fondo con novidades, e créanse espazos temáticos con material sobre Igualdade, entre outros. 

Cambio de imaxe na biblioteca do IES García Barbón