martes 24/11/20
O municipio rexistra sete positivos menos ca onte, cun total de 55 persoas aínda enfermas da COVID

Caen ata cifras de setembro os casos activos en Verín, que hoxe deixou de estar en alerta vermella

Verín só estivo un día en alerta vermella no particular semáforo vermello de Sanidade. Este sábado, os casos activos en coronavirus baixan ata os 55, cunha caída con respecto a este venres de sete. Malia todo, na última semana foron 21 as novas persoas contaxiadas no municipio verinense. 

Gráfica de casos activos ata este venres 6 de novembro de 2020 no concello de Verín.
Gráfica de casos activos ata este venres 6 de novembro de 2020 no concello de Verín.

O día no que comeza un novo peche total -agás para o servizo a domicilio e comidas para levar- de todo o sector da hostalería en 60 municipos galegos, entre os que se inclúe o de Verín -o único en toda a comarca-, o Sergas vén de notificar unha considerable caída no número de casos activos no concello. Á primeira hora da mañá eran 55 as persoas que aínda padecen a covid - 19, sete menos que as rexistradas tan só 24 horas antes. 

Ata o pasado 28 de setembro hai que remontarse para atopar unha cifra idéntica á contabilizada esta mesma mañá, cando aínda bares, cafeterías e restaurantes permanecían abertos. Con todo, o número de novos positivos rexistrados nos últimos sete días foron suficientes para que a Xunta de Galicia engadise ao concello de Verín -onte e durante un só día, porque hoxe xa abandonou esa categoría- entre os 50 municipios en alerta vermella, que son aqueles nos que se rexistraron 21 novos casos -ou máis- na última semana. 

Na comarca, e dende ás 15:00 horas do pasado venres 30 de outubro ata as 9:00 horas deste sábado 7 de novembro, os novos casos positivos rexistrados na comarca foron os seguintes:
 

  1. Verín: 21 positivos novos
  2. Castrelo do Val: 5
  3. Monterrei: 5 (3 en Albarellos e 2 en Vilaza)
  4. A Gudiña: 2
  5. Laza: 1
  6. Riós: 1
  7. Oímbra: 1

Verín estivo só un día en alerta vermella, Xinzo segue estando

Os municipios ourensáns do Carballiño, Barbadás e Verín, así como a localidade pontevedresa de Baiona e a luguesa de Monforte de Lemos deixaron de figurar en vermello este sábado no mapa semáforo que cada día actualiza o Sergas, grupo que marca a máxima alerta polos casos detectados de covid-19 e no que ingresan Noia (A Coruña), Soutomaior (Pontevedra) e Chantada (Lugo).

Deste xeito, o número de municipios sinalados en vermello no mapa sitúase en 48, dous menos que o venres, mentres que son 25 os concellos no segundo nivel de alerta, o laranxa.

Pontevedra é a provincia con maior número de concellos en vermello cun total de 21: Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Séguelle A Coruña, na que están un total de 19 concellos en alerta máxima: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Cabana, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Noia.

Por contra, na provincia de Ourense só hai tres municipios en alerta máxima: a capital provincial (Ourense), Xinzo de Limia e Ribadavia. En Lugo son 5: Cervo, Chantada, Viveiro e Burela, ademais da propia Cidade das Murallas.

Caen ata cifras de setembro os casos activos en Verín, que hoxe deixou de estar en...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade