Xoves. 28.03.2024
Recollida de mostras no toural de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Recollida de mostras no toural de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Sergas vén de facer públicos os datos da primeira xornada do cribado masivo organizado en Verín para detectar asintomáticos na poboación. Segundo informaron, dos 2.880 verinenses que estaban este domingo citados para recoller o kit da mostra de saliva, acudiron 2.007 deles, ou o que é o mesmo, un 69,69 por cento dos que estaban convocados si que acudiu á chamada dos profesionais sanitarios. 

Gerardo Seoane, esta mañá no cribado do Sergas que se realizaba no toural. | FOTO: Iván Iglesias.O rexedor local, Gerardo Seoane, esta mañá no toural de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.

Gerardo Seoane, o rexedor municipal, valorou con certo pesimismo os datos da primeira das xornadas: "Están por debaixo da media doutras localidades, entendo que o día non animaba a saír da casa, pero supoño que os cidadáns saben que canta máis participación rexistremos, moito máis fiable será o resultado da mostra que se está a realizar", asegurou o alcalde de Verín, un dos primeiros esta mesma mañá en achegarse ás carpas instaladas no vello toural verinense. 

Un de cada tres verinenses citados deulle as costas ao Sergas no primeiro día do cribado