viernes. 19.04.2024
larouco
Parque eólico da Serra de Larouco, | FOTO: Cedida

O Consello Comarcal do BNG en Monterrei- Viana vén de acordar a posta en marcha dunha serie de mocións contra o espolio eólico. Levaranse a cabo en tódolos concellos da comarca de xeito simultáneo, mañá día 13 entre as 9 e as 9:30 horas. 

Estas accións están enmarcadas na campaña política de oposición do partido ao novo modelo eólico. Campaña que van presentar mañá a deputada autonómica, María González Albert e o deputado provincial, Bernardo Varela. O acto vaise celebrar na Casa da Cultura de Verín, onde porán sobre a mesa as razóns polas que se opoñen á implantación masiva de parques eólicos en todo o territorio

Ademais do impacto medioambiental, pon a Galicia como unha produtora de enerxía para xerar beneficios a empresas foráneas (BNG)

Desde a formación, pretenden "desviar esa enerxía producida para beneficiar a outros territorios de España e non de fóra". Tamén argumentan a importancia desta campaña na nosa comarca, que se vería afectada se finalmente se materializa o parque eólico de Rebordechao, así como nos xa ubicados nos concellos de Castrelo do Val, A Gudiña e Viana do Bolo.

NOTICIAS VERÍN | O BNG comarcal presentará mocións contra o espolio eólico en tódolos...