martes. 23.04.2024
Manuel Baltar Blanco.
José Manuel Baltar Blanco, presidente da Deputación de Ourense, acaba de ser convidado a visitar o encerro do Hospital de Verín.

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei seguen a traballar para evitar o peche de servizos no Hospital de Verín. Desta vez, veñen de convidar a Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, a visitalos no propio centro sanitario mentras manteñen o encerro indefinido "na maior brevedade posible"

Tralo claro posicionamento de Manuel Baltar en contra do peche do paridoiro e das urxencias pediátricas de Verín, nas que afirmaba que "Non podemos permitir que decaiga a atención médico-sanitaria na provincia", dende a Plataforma en defensa da Sanidade Pública queren darlle a coñecer as súas reivindicacións en persoa e que o  Presidente da Deputación coñeza de primeira man a situación do Hospital de Verín.

Reivindicacións que pasan non só por evitar o peche do paridoiro e das urxencias pediátricas, se non que pretenden dar a coñecer o detrimento dos servizos de dermatoloxía, mediciña interna, anestesioloxía, cirurxía e coidados do centro sanitario verinés. A visita de Manuel Baltar ó Hospital de Verín suporía unha demostración do seu apoio, declarado nestes días, ás reivindicacións da sociedade verinesa e a confirmación da súa postura en contra do detrimento da atención sanitaria na provincia.

Cisma no Partido Popular?

As contundentes declaracións de Manuel Baltar nas que se mostraba "totalmente convencido de que o goberno galego ten que rectificar esta decisión" tomaron forma nunha moción presentada na Deputación Provincial. Feito que provou unha forte ferida no Partido Popular galego ó desmarcarse os populares de Ourense da postura da Xunta de Galicia.

Se ben dende a Xunta de Galicia, a través do Presidente Alberto Núñez Feijóo, semella que o discurso está cambiando, a realidade é que se mantén o peche de servizos e non dan marcha atrás nesta decisión. Feijóo afirmaba que a súa intención é "ampliar o Hospital de Verín" tentando atraer "a todos os especialistas que podamos", nembargantes as súas palabras non se corresponden coa realidade que se vive no centro sanitario da bisbarra.

Ante as declaracións de Feijóo, dende as distintas plataformas e asociacións de defensa da Sanidade Pública Galega pregúntanse por que non se tomaron medidas a tempo se realmente o obxectivo da Xunta de Galicia era "ampliar o Hospital de Verín".

A Plataforma de Defensa da Sanidade convida a Baltar a visitar o encerro e coñecer as...