viernes. 19.04.2024
190712 PRESENTACION BATUCADA 2019 IMG_5390 CMZ
A concelleira, Emilia Somoza, presentando o cartaz da Batucada de Verín.

O 26 e 27 –venres e sábado– de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2019. Serán dúas xornadas cheas de música, auga e festa para todas as idades. Así o confirmou esta mañá Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

A festa comezará este venres ás 11:00 horas co desfile da Ludoteca Especial Batucada. A temática elixida este ano son os superheroes e superheroínas. O percorrido comezará no CEIP Amaro Refojo e continuará por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón, para rematar coa tradicional Festa Infantil da Ludoteca, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

O sábado 28, ás 17:00 horas, celebrarase na Praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran "Festa da escuma e da auga".

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da Festa Acuática na praia fluvial para que os cativos –e os que non o son tanto– desfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contarase con animación musical e inchables de terra e auga. O grupo Aramio cerrará a xornada do venres cunha actuación na Praza García Barbón ás 00.00 horas.

Como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada. O sábado 28, ás 17:00 horas, celebrarase na Praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran Festa da escuma e da auga. Ás 19:15 horas comezará o desfile Pasarrúas da Batucada que sairá da Praza Maior e continuará pola Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza da batucada Trópico de Grelos –Santiago de Compostela– e da Charanga Támega. Ao remate do desfile, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy DiscoMóbil Jorge será a encargada da animación musical.

Emilia Somoza confirmou tamén que, a partir da próxima semana, estarán á venda na tenda oficial da Batucada as camisetas e fundas impermeables oficiais da Batucada 2019.

O prato forte desta edición correrá a cargo de BAIUCA Live Band A/V Show, proxecto musical capitaneado por Alejandro Guillán, "Alex Casanova" que axunta sons propios da tradición galega coa música electrónica máis vangardista. Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Unha mestura de sonoridad máis pura de proxectos como Luar na Lubre, Milladoiro, Carlos Nuñez ou Treixadura como da perspectiva "floktrónica" Nicola Cruz, Four  Tet, Satoro ou Nicolas Jaar, entre outros. O espectáculo terá lugar o sábado, ás 00:00 horas, na Praza García  Barbón.

batucada 2019

Doutra banda, Somoza explicou que, coma o ano pasado, manterase o acordo cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. "Ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico", sinalou a concelleira.

Emilia Somoza confirmou tamén que, a partir da próxima semana, estarán á venda na tenda oficial da Batucada –na Praza García Barbón– as camisetas e fundas impermeables oficiais da Batucada 2019, en horario de 18:00 a 21:00 horas.

A auga e a música voltarán ser protagonistas na Batucada de Verín