sábado. 20.04.2024
vacas
Varias vacas pastando. | FOTO: M. Ceballos

Agricultores e gandeiros de toda Galicia están de noraboa. Durante este mes de maio van recibir o abono faltante das axudas da Política Agraria Común, co que se completará o 100% da subvención. Vai ser unha sopro de aire fresco para todo o sector, que recibirá da Xunta de Galicia, mediante o seu organismo pagador, o Fondo Galego de Garantía Agraría -FOGGA- estes máis de 17 millóns de euros de maneira adiantada, posto que normalmente se aboan no mes de xullo. 

Os primeiros pagos vanse realizar durante esta semana por unha cantidade de 9 millóns de euros. Corresponden ás achegas para vacas nutrices, que será de 1,2 millóns de euros;  vacún de leite, ao que estarán destinados 3,8 millóns de euros; vacún de cebo, con 3,5 millóns de euros e para ovino e cabrún, que contarán con preto de 400.000 euros. Esta cantidade súmase aos pagos realizados no mes de abril (uns 13,7 millóns de euros) destinados ao agroambiente, clima e agricultura ecolóxica. Quedarán pendentes de transferir 8,4 millóns de euros relativos a axudas de pago básico, pago verde así como as relativas a agricultores mozos e pequenos agricultores.

vacasVacas pastando. | FOTO: M. Ceballos

Con isto, Galicia vai ser unha das primeiras comunidades en cubrir a totalidade do pago, como xa foi unha das primeiras en comezalo aló polo mes de outubro do ano pasado. Dous meses máis tarde xa estaba aboado o 65% da subvención que beneficiou a máis de 15.000 agricultores e gandeiros na nosa comunidade.

A actual convocatoria

Dende a Consellería de Medio Rural lembran que o prazo para solicitar as achegas da PAC 2021-2022 foi ampliado ata o día 15 de maio. A solicitude terá que ser presentada de maneira telemática e con certificado dixital a través da aplicación SGA, ou ben acudindo ás distintas entidades colaboradoras. 

A Consellería tamén destaca que unha vez finalice o prazo de presentación poderanse facer solicitudes de modificación ata o día 15 de xuño.

Agricultores e gandeiros galegos recibirán o último pago das axudas da PAC neste mes