viernes. 19.04.2024
ellie
Usuarios no centro de día, vendo o filme que inspirou parte da decoración interior: "Up".

Os edís da Corporación municipal de Verín están chamados o vindeiro luns, ás 10:00 horas, ao salón de plenos do Concello, onde terá lugar a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de abril. Na orde dos puntos do día, engádese, ademáis da aprobación da acta anterior e da inicial do instrumento de ordenación provisional, a modificación da ordenanza reguladora do funcionamento do Centro de Día da vila que permitirá que os xa usuarios ou os futuros da instalación poidan acceder ás axudas do Consorcio Galego de Igoaldade e Benestar como si optasen a praza en calquera outro centro autonómico e non no de Verín.

Modificarase así o artigo número 17 da ordenanza reguladora do Centro de Día de Verín, que se aprobara no pleno ordinario do 10 de novembro de 2017 e no que ningún dos grupos da Corporación advertiu do clamoroso erro que dende os Servicios Sociais municipais incorriron ao mudar o termo "compatibles" por "incompatibles", deixando sen a posibilidade de optar ás axudas aos anciáns de Verín e comarca. Tampouco no pleno do 17 de xullo de 2018, no que se sancionou unha primeira modificación desa regulamentación, foron quen de mellorar o restrictivo artigo.

Foi o Partido Popular o que o pasado 14 de marzo, na sesión na que se adxudicou a Xerontoloxía Verín, S.L. a xestión do servizo, o que detectou o erro que o vindeiro luns se subsanará, permitindo que calquera usuario de Centro de Día de Verín poida optar aos mesmos complementos de bonificación que aqueles que disfrutan de praza nos recintos da Xunta de Galicia.

A modificación suporá unha significativa rebaixa das cantidades que están a abonar os actuais usuarios, situando os prezos do Centro de Día de Verín igoal de asequibles que os daqueles dependentes da Xunta de Galicia.

As axudas á Dependencia da Xunta de Galicia serán compatibles co Centro de Día de Verín