Martes. 19.03.2024
WhatsApp Image 2021-01-09 at 16.45.28
O falecido residía cos seus pais no número 86 da avenida Luís Espada de Verín.

Pouco despois das 10:30 horas desta mañá, os efectivos da Policía Local de Verín recibían a chamada do 112 alertando da posibilidade dun home tendido no chan no seu domicilio da rúa Luís Espada, número 86 da vila. 

Inmediatamente se desprazou ata alí unha unidade de axentes locais, acompañados dunha patrulla da Garda Civil e efectivos sanitarios. Cando chegaron só se puido certificar o falecemento do varón, de 52 anos e que responde ás iniciais de J. A. H

Segundo transcendeu de fontes da investigación, o falecido -que vivía cos seus pais nese enderezo- presentaba unha pequena lesión na súa cabeza, aínda que todo fai indicar que o seu finamento foi por causas naturais e o pequeno golpe foi consecuencia da posterior caída. 

Con todo, a posterior investigación determinará as causas reais do falecemento deste veciño de Verín. 

Atopan morto no seu domicilio a un verinense de 52 anos