mércores 26.02.2020
pola contra, a comarca de Monterrei ten como principal causa de falecemento a asma

A Limia lidera o ranking nacional de municipios en mortes por cancro de recto

Mentres que nos concellos da comarca de Monterrei hai unha maior probabilidade de morrer de asma (un 49% máis que a media das localidades do resto de España), os da Limia lideran o ranking nacional de municipios se se clasifican polo número de falecementos causados polo cancro de recto.

A lagoa de Antela quixo recuperar, o pasado mes de decembro, o territorio que 60 anos atrás tiña ocupado. | FOTO: Noelia Caseiro.
A lagoa de Antela quixo recuperar, o pasado mes de decembro, o territorio que 60 anos atrás tiña ocupado. | FOTO: Noelia Caseiro.

Mentres que nos concellos da comarca de Monterrei hai unha maior probabilidade de morrer de asma (un 49% máis que a media das localidades do resto de España), os da Limia lideran o ranking nacional de risco de mortalidade por mor do cancro de recto.

O novo mapa de mortalidade nacional baséase en case 10 millóns de defuncións, recollidas entre 1989 e 2014, e desvela unha estimación do risco de morte para 74 causas das 102 que contempla o INE (Instituto Nacional de Estatística). En palabras do seu autor principal, Miguel Ángel Martínez Benito, o estudo demostra “diferenzas xeográficas moi importantes”.

Unha das principais conclusións que extraen os autores do traballo é que a localidade na que resides inflúe en boa medida no risco de mortalidade por diversas causas. A alimentación, a calidade do aire ou o tabaquismo afectan de forma desigual ás diferentes rexións do territorio estatal. 

Os accidentes de tráfico xunto cos suicidios forman o punto negro dos indicadores de falecemento en Galicia. Pola contra, na nosa terra destácanse riscos especialmente baixos en causas de morte como o Alzheimer (a pesar do avellentamento da poboación), a hepatite vírica ou as enfermidades cardíacas.

Segundo os datos do Atlas Nacional de Mortalidade, os verinenses corren un 49% máis de posibilidades que a media nacional de morrer por mor da asma. Pola contra, a comarca da Limia encabeza o ranking nacional de riscos de padecer un determinado tipo de cancro, o de recto, da porción rectosigmoide e do ano. Resulta verdadeiramente significativo que precisamente nese tipo concreto de tumor maligno, no ranking nacional dos 8063 municipios avaliados, os da comarca de A Limia e dous da Baixa Limia ocupen os primeiros 20 lugares da clasificación. 
Xinzo de Limia, por exemplo, está no vixésimo posto do ranking nacional de todas as mortes que por cancro de recto teñen lugar en España. É dicir, non é que morra moita xente dise cancro, pero si que existe unha maior probabilidade de que ocorra seguindo esa liña.

Pero hai datos máis determinantes que os da capitalidade comarcal. Calvos de Randín ocupa o terceiro posto entre máis de oito mil municipios en todo o territorio nacional no que a cancros de recto atinxe. Baltar é o seguinte, Sandiás está no sexto lugarPorqueira (7), Rairiz de Veiga (10), Os Blancos (14) e Vilar de Santos (17) van detrás. Seguindo o cauce do Limia, veñen, xa na Baixa Limia, Muíños (9) e Lobios, que ocupa o primeiro lugar en probabilidade de morrer de cancro de recto entre todos os municipios do territorio nacional. 

Vilardevós, no sétimo lugar nacional dos municipios en mortes por asma

Nos municipios da comarca de Monterrei, pola contra, o que máis lle debe de preocupar ós seus residentes é a asma. Os principais rexistros de mortes entre os anos 1989 e 2014 sitúan a esta patoloxía como a que máis risco presenta. Con todo, o concello de Vilardevós ocupa o sétimo lugar de todos os municipios do territorio nacional onde morre xente vítima desta enfermidade respiratoria. Riós non está moi lonxe, un posto máis. Castrelo do Val baixa ata o décimo oitavo posto e, nesa lista, o máis perto é o de Verín, cun destacado vixésimo sétimo lugar de todo o territorio nacional. 

O código postal inflúe nas posibilidades de morrer por mor dunha determinada causa, pero non é necesario asustarse e fuxir xa que, por exemplo, o 40% dos cancros pódense previr con hábitos saudables, como evitar o tabaco, o alcol e as bebidas azucradas, segundo indica a Sociedade Española de Oncoloxía Médica.

A continuación, resúmese por comarcas e municipios aquelas razóns de morte no que a probabilidade de falecer por ditas causas está, na porcentaxe que se indica, por enriba (ou por debaixo) da media nacional. 

COMARCA DE VERÍN

1. Verín

Alto risco de padecer: asma (+49%), aterosclerosis (+30%) e cancro de estómago (+25%).

Baixo risco de padecer: alzheimer (-31%), cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-26%).

2. Oímbra

Alto risco de padecer: trastornos mentales orgánicos, senís e presenís (+38%) e paro cardíaco ou morte sen asistencia (+10%).

Baixo risco de padecer: alzheimer (-24%), enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-23%), cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-19%).

3. Castrelo do Val

Alto risco de padecer: asma (40+), cancro de estómago (+6) e accidentes de tráfico (+5)

Baixo risco de padecer: cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-34%), alzheimer (-32%) e hepatite vírica (-24%).

4. Cualedro

Alto risco de padecer: enfermidades isquémicas do corazón (+32%), senilidade (+30%) ou sufrir un accidente de tráfico (+23%).

Baixo risco de padecer: enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (ao menos -31%), enfermidades de riñón e de uréter (-25%) e hepatite vírica (-22%).

5. Laza

Alto risco de padecer: insuficiencia cardíaca (+7%), cancro de estómago (+6%) ou sufrir un accidente de tráfico (+13%).

Baixo risco de padecer: cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-34%), enfermidades de riñón e de uréter (-31%), enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-29%).

6. Monterrei

Alto risco de padecer: senilidade (+258%), cancro de estómago (+7%) ou de sufrir un accidente de tráfico (+23%).

Baixo risco de padecer: enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-31%), enfermidades de riñón e de uréter (-25%) e hepatite vírica (-22%).

7. Riós

Alto risco de padecer: asma (90%), trastornos mentales orgánicos, senís e presenís (+5%) ou sufrir un accidente de tráfico (+19%).

Baixo risco de padecer: enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-27%), hepatite vírica (-23%) e sida (-20%)

8. Vilardevós

Alto risco de padecer: asma (+64%), cancro de estómago (+15%) e enfermidades de vías respiratorias inferiores (+8%).

Baixo risco de padecer: alzheimer (-24%), enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-23%) e cancro de tráquea, bronquios e pulmóns (-19%).

COMARCA DA LIMIA

1. Baltar

Alto de risco de padecer: paro cardíaco ou morte sin asistencia (+16%), cancro de recto, de porción rectosigmoide e de ano (+12%) ou sufrir un accidente de tráfico (+8%).

Baixo risco de padecer: arterosclerosis (-34%), cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-32%) ou síntomas non clasificados (-31%).

2. Blancos

Alto de risco de padecer: senilidade (+181%), cancro de estómago (21%), infarto de miocardio ou sufrir un accidente de tráfico (+12%)

Baixo risco de padecer: hepatites vírica (-24%), alzheimer (-35%) ou síntomas non clasificados (-23%).

3. Calvos de Randín

Alto de risco de padecer: cancro de recto, de porción rectosigmoide e de ano (+13%) ou sufrir un accidente de tráfico alzheimer (-46%), diabetes mellitus (-42%) ou síntomas non clasificados (-28%).

Baixo risco de padecer: alzheimer (-46%), diabetes mellitus (-42%) e síntomas non clasificados (-28%).

4. Porqueira

Alto de risco de padecer: accidentes de tráfico (+17%), cancro de recto, de porción rectosigmoide y de ano (+10%).

Baixo risco de padecer: alzheimer (-44%), diabetes mellitus (-32%) e enfermidades de ril e de uréter (-30%).

5. Rairiz de Veiga

Alto de risco de padecer: paro cardíaco ou morte sen asistencia (+16%), cancro de recto, de porción rectosigmoide e de ano (+10%).

Baixo risco de padecer: hepatites vírica (-40%), diabetes mellitus (-35%) e sida (-32%).

6. Sandiás

Alto de risco de padecer: cancro de estómago (+19%), infarto agudo de miocardio ou sufrir un accidente de tráfico (+25%)

Baixo risco de padecer: hepatites vírica (-31%), diabetes mellitus (-29%) e enfirmedades hipertensivas (-28%).

7. Sarreaus

Alto de risco de padecer: senilidad (+241%) e cancro de estómago (+10%).

Baixo risco de padecer: hepatites víricas (-34%), alzheimer (-32%) e outras enfermidades isquémicas de corazón (-32%).

8. Trasmiras

Alto de risco de sufrir: accidentes de tráfico (+5%).

Baixo risco de padecer: trastornos mentales orgánicos, senís e presenís (-32%), cancro de tráquea, bronquios e pulmón (-26%), enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-24%).

9. Vilar de Barrio

Alto de risco de sufrir: accidentes de tráfico (+5%).

Baixo risco de padecer: hepatites vírica (-38%), alzheimer (-38%), úlcera de estómago, duodeno e yeyuno (-24%).

10. Vilar de Santos

Alto de risco de padecer: enfermidades de vías respiratorias inferiores (+30%) ou sufrir un accidente de tráfico (+47%).

Baixo risco de padecer: hepatite vírica (-32%), diabetes mellitus (-30%) ou enfermedades cardíacas reumáticas crónicas (-26%).

4. Xinzo de Limia

Alto de risco de padecer: cancro de estómago (+22%), caídas accidentais ou sufrir un accidente de tráfico (+38%).

Baixo risco de padecer: sida (-33%), enfermidades cardíacas reumáticas crónicas (-33%), hepatite vírica (-30%).

A Limia lidera o ranking nacional de municipios en mortes por cancro de recto
comentarios