jueves. 25.04.2024
190626 concentracion vespas
Cartel da concentración | FOTO: CONCELLO DE VERÍN

O domingo 7 de xullo terá lugar na vila a 9ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín. O Club Vespa Verín naceu fai 10 años, promovido por un grupo de xubilados da localidade afeccionados a estas motos.

A edición contará cun paseo turístico a lugares coma os balnearios, sendo un dos principais atractivos da zona, así coma outros lugares de interese. A saída será dende a praza García Barbón ás 11:00 h.

Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, o domingo ás 14:00 horas os participantes poderán desfrutar dunha comida conxunta nun restaurante da vila, onde haberá tamén un sorteo de regalos e entrega de premios para os asistentes.

O prezo das inscricións é de 20 euros. Poderán realizarse os pagamentos de diferentes modos: facendo unha inscrición e pagamento previos ao 7 de xullo na conta de ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559 ou inscribíndose e pagando o propio día da concentración a partir das 9:30 h. Toda a información poderá obterse no teléfono 669.894.046.

As vespas percorrerán Verín este domingo