mércores 08.04.2020
sumáronse ao recoñecemento de cada tarde dos veciños das rúas próximas ao establecemento

Aplausos de ánimo dos traballadores do Gadis de Verín a pé de rúa

Os traballadores do Gadis de Verín súmanse ao recoñecemento aos sanitarios. | FOTO: Iria Otero.
Os traballadores do Gadis de Verín súmanse ao recoñecemento aos sanitarios. | FOTO: Iria Otero.

Aos veciños das rúas Galicia, Laureano Peláez, Luis Espada, Avenida de Portugal e Deputación que saen -amais doutros moitos por toda a vila- a recoñecer publicamente e con aplausos o esforzo do persoal sanitario todos os días ás 20:00 horas, como en cada recuncho do país; sumáronselle dende hai uns días os traballadores do supermercado Gadis de Verín, que deixan por un momento as súas responsabilidades e forman diante da porta para acompañar aos residentes e clientes nese recoñecemento diario. 

No resto de rúas, o bo tempo animou tamén á botarse ao balcón para darlle un chisco de vida á vila, con palmas e música. 

Aplausos de ánimo dos traballadores do Gadis de Verín a pé de rúa
comentarios