xoves 04.06.2020
Pouco despois das 12:00 horas deuse aviso á Garda Civil da aparición dun corpo no interior dunha furgoneta

Achado morto un home de 46 anos no estacionamento exterior de Rosalía de Castro, en Verín

Será a autopsia a que determine as causas reais do falecemento dun home de 46 anos que este mediodía foi atopado sen vida no estacionamento exterior da rúa Rosalía de Castro, en Verín. 

Á esquerda, a furgoneta na que foi atopado o corpo sen vida do home de 46 anos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Á esquerda, a furgoneta na que foi atopado o corpo sen vida do home de 46 anos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Pouco despois das doce do mediodía, localizábase, no interior dunha furgoneta estacionada no parking exterior fronte ao supermecado Mercadona de Verín, na rúa Rosalía de Castro, o corpo sen vida dun home de 46 anos. Foron os achegados e familiares os que localizaron ao home sen vida e inmediatamente os veciños do lugar deron parte á Garda Civil, que enviou varias patrullas ó estacionamento. Ata alí tamén se desprazaron unha dotación da Policía Local e efectivos de emerxencias, que só puideron certificar a morte do varón. 
Pouco despois da unha do mediodía chegaba a xuíza para o levantamento do cadáver de M. J. S., que tiña lugar cara as dúas da tarde entre mostras de dor dos familiares que ata alí se desprazaran. 
A Garda Civil de Verín investiga as causas do falecemento e será a autopsia que se lle ía practicar no Tanatorio La Paz a que determine as definitivas razóns do seu finamento. 

Achado morto un home de 46 anos no estacionamento exterior de Rosalía de Castro, en Verín
comentarios