miércoles. 24.04.2024
Recolida de mostras no toural. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Recolida de mostras no toural. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Chegaron a rexistrarse colas á primeira hora da mañá, pouco despois das 8:30. O certo é que os verinenses están respondendo de xeito masivo á chamada do Sergas para sometelos á un cribado masivo que determine si existen contaxiados asintomáticos que estén a diseminar a enfermidade polo municipio sen sabelo.

Voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín controlan os accesos derivando aos automóbiles que se achegan ata o toural ao posto, dos catro existentes nas dúas carpas, que esté máis libre. Alí, sen baixarse do coche, un profesional sanitario solicítalle o número de teléfono ou, no seu defecto, outra identificación e, unha vez rexistrado, lle fai entrega dun kit para a recollida da mostra de saliva. 

Recollida de mostras no toural de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.Un sanitario explica a un dos voluntarios como ten que proceder para a recollida de mostras. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O proceso dura pouco máis dun par de minutos. Mañá luns, todos os que recolleron o tubiño deberán achegarse de novo á terceira das carpas -hoxe aínda inactiva- coa mostra da saliva que deberon introducir sen ter inxerido líquido ou alimento algún, e mesmo sen ter fumado. 

Baixan en un os casos activos en Verín

O Sergas tamén vén de facer públicos os casos activos na comarca. Só se rexistran un par de variacións: Verín descende nun os casos activos (50) e o concello de Monterrei suma tamén un, para situarse en 14.
 

 

Ampla e madrugadora resposta dos verinenses ao cribado masivo pola covid