sábado. 20.04.2024
o programa preventivo de capturas de raíñas da Mancomunidade pechouse con máis dun milleiro de exemplares

Localizados en Vilela e Tintores os primeiros e considerables ninos de avésporas velutinas deste ano

Logo de pecharse o primeiro programa de captura de Vespas Velutinas raíñas implantando pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, comezan a localizarse os primeiros ninos de considerables dimensións e cheos de avésporas no seu interior, como o identificado nunha vivenda de Vilela e que este venres foi tratado con veleno para eliminalo.
velutinasnido1
velutinasnido1

A empresa contratada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, DDD Verín Control de Plagas, vén de inxectar veleno nos tres primeiros ninos secundarios detectados nesta campaña de combate contra a Vespa Velutina, dous nas inmediacións da vila -Vilela e Tintores-, e un terceiro, tamén de notables dimensións na localidade de Rabal, en Oímbra, que foi identificado logo de que un traballador da compañía pública Tragsa dese a voz de alarma ao ser picado por unha das súas integrantes. 

velutinamuerta1Un exemplar do insecto asiático, morto logo de ser atacado o seu nino. 

Comeza así a segunda das fases establecidas dende a Mancomunidade de Municipios, logo de que o 30 de xuño rematase a primeira delas, coa recollida das máis de 200 trampas situadas pola práctica totalidade do territorio comarcal e que deixaron como balance deste primeiro programa implantando dende o ente mancomunado, de máis de un milleiro de raíñas atrapadas. Segundo os datos falicitados por Concellos, o de Laza foi o que maior número de Vespas Velutinas raíñas aportou a esta preocupante estadística, con 255 unidades. En Verín, foron capturadas 173 e no concello de Monterrei, 114, seguido moi de preto por Cualedro, con 106. Oímbra, Castrelo do Val e Vilardevós foron, por esta orde, os municipios nos que menos raíñas se atraparon, con 63, 53 e 32 insectos, respectivamente.

Luis Dameá é consciente do imparable avance da Vespa Velutina na comunidade, e insta a que cada vez que se localice un nino destas características, "inmediatamente se poñan en contacto co Concello, porque a través da Mancomunidade teñen concerto con nós, e acudiremos a atacalo co veleno que nós mesmos temos deseñado e comprobado que é efectivo". 

velutinabalinesSe coa pértiga non se chega ata o nino, Luis Dameá usa balíns impregnados nunha substancia mortal para as avésporas.

Dameá utiliza un par de métodos para subministrar o produto que acaba coa vida das Vespas Velutinas. Se o nino está o suficientemente accesible, opta por unha pértiga a que lle inxecta na súa punta "un preparado caseiro mezcla de varios insecticidas perfectamente recoñecidos polas autoridades competentes pero que eu poiden comprobar que realmente é moito máis efectivo para combatilas se se realiza esa mezcla", sinala. No caso de que o obxectivo sexa inalcanzable coa pértiga, Luis Dameá afina a puntería da súa escopeta de balíns, ocos por dentro e que rechea precisamente da pasta asasina. 

Na mañá deste venres, na localidade de Vilela, Diario do Támega foi testumuña da localización dun dos primeiros e notables -no que as súas dimensións se refire- ninos cheos de nespras. Neste caso, pola súa envergadura e altura, Daméa optou por dispararlle arredor dunha decena de veces dende diferentes localizacións, para que os proxectís impregnasen as paredes interiores do nino en todas as súas caras. Poucos minutos despois, comezaban a notarse os efectos mortais do veleno introducido nos balíns. As avésporas ían caíndo do nino para morrer no chan, como o exemplar que se amosa no segundo dos vídeos

Ata o mes de decembro -e ata máis tarde se a climatoloxía o permite-, combatiranse cos mesmos procedementos descritos todos aqueles ninos que se vaian detectando, e para os que Luis Dameá reitera que "é primordial que chamen os administrados aos seus concellos, porque nos actuaremos moito antes que se realizan esa chamada ao 112". 

Localizados en Vilela e Tintores os primeiros e considerables ninos de avésporas...