sábado. 20.04.2024
WhatsApp Image 2020-12-05 at 21.09.34
A ambulancia retrasouse tanto que o bébedo xa espertara da súa borracheira cando chegou.

Unha ambulancia de emerxencias tardou en asistir -esta tarde- a un home bébedo que permanecía insconsciente e tirado no chan nas galerías da estación de autobuses de Verín, uns 40 minutos dende que atenderon a última das chamadas realizadas ao 112 da Xunta de Galicia

Segundo testemuñas presenciais, que agardaban ao desenlace dos feitos protagonizados por un varón de 56 anos, foron 40 os minutos que tardou o servizo de emerxencias en chegar ata o punto solicitado -en pleno centro da vila de Verín, na avenida Luis Espada-, para dar asistencia ao home que permanecía no chan inconsciente e polo que se temía, de continuar nese estado e coas baixas temperaturas que estaban a rexistrarse na vila, entrase nunha posible hipotermia. 

Un veciño foi quen avisou ás 20:15 horas aos efectivos de Policía Local, que se achegaron de xeito inmediato ata o lugar, onde atoparon ao varón tendido no chan e sen consciencia. Foron os axentes os que chamaron aos servizos de emerxencia que confirmaron o envío dunha ambulancia. O vehículo sanitario tardou, segundo as testemuñas presenciais, 40 minutos en auxiliar ao home bébedo, que chegou a recuperar o coñecemento incluso antes de que chegasen os sanitarios. 

Finalmente negouse a ser trasladado ao servizo de Urxencias para ser avaliado clínicamente. 

Unha ambulancia tarda 40 minutos en asistir a un home inconsciente e bébedo en pleno...