O tempo empeorará a partires das 12:00 horas deste mediodía
Aviso laranxa no Sur da provincia por treboadas, pedrazo e refachos de vento
16 de junio de 2021 (11:51 h.)
A Axencia Española de Meteoroloxía vén de facer público un aviso laranxa por treboadas no Concello de Verín e no resto do Sur da provincia de Ourense, dende as 12:00 horas deste mércores e ata a medianoite.
Agárdanse choivas copiosas que poden chegar aos 30 mm/hora de precipitacións acumuladas e a posibilidade, de xeito local, de sarabia e refachos de vento.