jueves. 18.04.2024
As filtracións que reciben os diferentes colectores da depuradora de Verín fan que a súa función resulte deficiente. | FOTO: Noelia Caseiro.
As filtracións que reciben os diferentes colectores da depuradora de Verín fan que a súa función resulte deficiente. | FOTO: Noelia Caseiro.

O vindeiro martes, ás 11:00 horas, a presidenta da Confederación Hidrográfica del Duero, Cristina Danés de Castro, reunirarse cos rexedores da cunca do río Támega no parador de Monterrei, ás 11:00 horas. A visita terá, como principales puntos da orde do día, as reiteradas reivindicacións que os diferentes alcaldes veñen facendo ao longo dos últimos anos, e sen o resultado agardado, ao organismo reitor do río que preside o val tamagano. 
O pasado venres, os primeiros edís de Laza, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Oímbra e os representantes do bipartito verinense mantiveron en Albarellos (Monterrei) unha reunión preparatoria onde se recolleron as principais demandas que este martes lle farán chegar á presidenta da Confederación Hidrográfica. 

Volverán os rexedores a reclamarlle unha maior axilidade nos trámites que se lle requiren ao organismo da cunca cando son estes preceptivos para levar adiante proxectos nos concellos, ou mesmo que, dunha vez por todas, acabe a Confederación establecendo unha pequena sucursal na comarca que lle permita aos residentes que precisen de realizar algún trámite podelo facer de xeito físico perante unha oficina da Hidrográfica do Douro. 
A rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.A rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

É evidente que a depuradora de Verín non depura todo o que ten que depurar, como así vén ocorrendo dende fai anos e como así veño demandando por escrito á Confederación de xeito reiterado sen moito éxito, a verdade (Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra)

Aínda que, sen dúbida, será a contaminación do Támega, sobre todo ao seu paso polo municipio de Oímbra, á que se lle adicará boa parte do tempo que ocupe a xuntanza: "Eu levo reclamando unha maior inversión e, por suposto, unha actuación directa na depuradora de Verín, porque é evidente que non depura todo o que ten que depurar, como así vén ocorrendo dende fai anos e como así veño demandando por escrito á Confederación de xeito reiterado sen moito éxito, a verdade", sinalou a rexedora popular do Concello de Oímbra, Ana María Villarino

Os alcaldes da cunca do Támega "leranlle a cartilla" á presidenta da Confederación este...